Info

O Fa Ce La Fest é un festival “de autor” onde prima a calidade das bandas participantes.

Tentamos evitar a contratación de bandas máis mainstream que é máis doado atopar noutros festivais, polo que o selo diferenciador é a aposta por bandas que non estean en Galicia (ou en moitos casos en Lugo) de forma habitual.

Somos un festival de música independente e que ademáis se diferencia doutros festivais de música da comunidade autónoma polo seu coidado e arriscado cartel.

Non é outro festival clónico senon unha clara aposta pola diferenciación e a calidade, onde a cultura é o eixe fundamental.

O cartel é obra de: LaChapera