Artistas

Bigott

Sábado 29 | 20:30h

Explanada exterior do Pazo dos Deportes de Lugo (Pavillón vello)

Falarvos da traxectoria de Bigott a estas alturas carece de sentido, o que si queremos contarvos é que chegará coa súa banda para deleitarnos co seu último traballo «This is All Wrong».

Editando un disco ó ano, cousa pouco común; ningún outro artista da escea músical indie española mantén esa producción. Se ademais nos paramos a apreciar a calidade e orixinalidade de cada unha das súas entregas, só cabe catalogar como excepcional a actividade creativa do artista que leva máis dunha década sen parar de dar froitos, en definitiva unha guerrilla musical que promete non deterse e que sempre mira cara adiante.

Pauline en la Playa

Sábado 29 | 20:30h

Explanada exterior do Pazo dos Deportes de Lugo (Pavillón vello)

As irmáns Álvarez son Mar e Alicia, referentes da escea musical independente dende os 90´s; primeiro con Undershakers, banda íntegramente femenina de gran popularidade, e xa dende 1999 como Pauline en la Playa e en clara homenaxe o filme de Eric Rohmer, nome co que en 2019 cumpliron vinte anos e celebraron ragalándonos o marabilloso «El salto»; o séptimo, e un dos mellores, discos da súa traxectoria, unha xoia de orfebrería pop chea de profundidade, delicadeza e melancolía; unha obra maiúscula de pop intimista.

As Álvarez chegarán a Lugo con toda a súa banda para presentarnos en directo este novo traballo cheo de voces cálidas, guitarras envolventes e synthes evocadores que nos adentran a través de dez cortes no máis profundo do bosque que habita no noso interior. Composicións radiantes que medran luminosas e outras melancólicas, que nos devolven ao final desos días longos do verán. Espéranos unha delicia en directo.

Ian Kay

Venres 28 | 20:30h

Exterior da Deputación de Lugo

Unha das xoias descoñecidas que soarán neste Fa Ce La Fest é Ian Kay. Despois de varios traballos con The Missing Souls (banda de soul – garage – beat) este jet – setter francés acaba de completar o seu primeiro disco en solitario, engadindo un par de culleradas de azucre moreno e remexendo a mezcla o suficiente para que sexa simplemente r’n’r.

Din que soa cercano a The Kinks, outros a Bob Dylan, pero os coñecedores recoñecerán as influencias de The Byrds ou The Easybeats.

Chegará coa súa banda para presentarnos en directo a marabilla que xa tivemos o pracer de escoitar na súa web en forma de adianto hai uns días, chámase «Walk that road again» e foi producido e grabado en Los Ángeles nos Valentine Recording Studios, o mesmo sitio onde fixeron maxia algunhas bandas de finais dos 60 (Beach boys, Kenny Rogers…) onde a temática trata de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.

Estamos convencidos de que será un dos concertos que máis gusten.

Gancho Sanches

Venres 28 | 20:30h

Exterior da Deputación de Lugo

Coma tódolos anos no Fa Ce La Fest queremos que as bandas galegas teñan o protagonismo que merecen, como é o caso desta banda de PsychFolk, dende Chantada e con base na localidade do sur da provincia. Brais, Matías, Iván e a recente incorporación de André, e que veñen de bandas como Kertuler, Telephones Rouges, Le Cûl e Phantom Mollo respectivamente, comezaron facendo letras en inglés con referentes como Fleet Foxes, José González ou Nick Drake, pero non tardaron en gañar en «contundencia» e dar o paso ó galego, idioma que nunca máis abandoaron demostrando que o galego se adapta de forma marabillosa a calquera estilo de música.