Pauline en la Playa

Pauline en la Playa

Sábado 29 | 20:30h

Explanada exterior do Pazo dos Deportes de Lugo (Pavillón vello)

As irmáns Álvarez son Mar e Alicia, referentes da escea musical independente dende os 90´s; primeiro con Undershakers, banda íntegramente femenina de gran popularidade, e xa dende 1999 como Pauline en la Playa e en clara homenaxe o filme de Eric Rohmer, nome co que en 2019 cumpliron vinte anos e celebraron ragalándonos o marabilloso «El salto»; o séptimo, e un dos mellores, discos da súa traxectoria, unha xoia de orfebrería pop chea de profundidade, delicadeza e melancolía; unha obra maiúscula de pop intimista.

As Álvarez chegarán a Lugo con toda a súa banda para presentarnos en directo este novo traballo cheo de voces cálidas, guitarras envolventes e synthes evocadores que nos adentran a través de dez cortes no máis profundo do bosque que habita no noso interior. Composicións radiantes que medran luminosas e outras melancólicas, que nos devolven ao final desos días longos do verán. Espéranos unha delicia en directo.