Ian Kay

Ian Kay

Venres 28 | 20:30h

Exterior da Deputación de Lugo

Unha das xoias descoñecidas que soarán neste Fa Ce La Fest é Ian Kay. Despois de varios traballos con The Missing Souls (banda de soul – garage – beat) este jet – setter francés acaba de completar o seu primeiro disco en solitario, engadindo un par de culleradas de azucre moreno e remexendo a mezcla o suficiente para que sexa simplemente r’n’r.

Din que soa cercano a The Kinks, outros a Bob Dylan, pero os coñecedores recoñecerán as influencias de The Byrds ou The Easybeats.

Chegará coa súa banda para presentarnos en directo a marabilla que xa tivemos o pracer de escoitar na súa web en forma de adianto hai uns días, chámase «Walk that road again» e foi producido e grabado en Los Ángeles nos Valentine Recording Studios, o mesmo sitio onde fixeron maxia algunhas bandas de finais dos 60 (Beach boys, Kenny Rogers…) onde a temática trata de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.

Estamos convencidos de que será un dos concertos que máis gusten.